Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta ofrece a semente de plantas para minimizar o risco dos lumes preto das casas

A Xunta ofrece a semente de plantas para minimizar o risco dos lumes preto das casas

As zonas que se deben rozar aparecen no visor público das franxas secundarias

A comunidade de montes de Saiáns planta frondosas como escudo natural

Unha máquina roza as marxes dunha estrada. FOTO: Xunta Unha máquina roza as marxes dunha estrada. FOTO: Xunta
G24.gal 19/04/2025 08:11 Última actualización 19/04/2025 15:21

O 31 de maio é a data límite para limpar as parcelas particulares co obxectivo de evitar incendios. Este ano, como novidade, a Consellería do Medio Rural ofrece plantas dunha especie permitida para sementar nas franxas secundarias, as máis próximas ás casas.

Nunha entrevista a Europa Press, a directora-xerente da empresa pública de Servizos Agrarios Galegos (Seaga), Luísa Piñeiro, lembra que, desde a sinatura do convenio para rozar leiras próximas ás vivendas no 2021, inspeccionaron máis de 171.000 hectáreas de terreo.

O convenio, renovado a semana pasada por Medio Rural, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e Seaga, ten como obxectivo a xestión da biomasa nestas zonas para previr que os incendios se poidan achegar aos núcleos habitados.

Un total de 288 concellos galegos, o 92 % do total, están adheridos a este convenio. Por unha banda, as entidades locais poden solicitar a roza de ata 12 quilómetros de pistas municipais, dous máis ca o ano pasado.

Do mesmo xeito, os municipios poden pedir que Seaga limpe ata 10 hectáreas anuais das parcelas que quedan sen limpar.

Outra das novidades deste ano é a oferta de plantas dunha especie permitida para sementar nas franxas secundarias, co obxectivo de evitar a xestión da biomasa cada ano.

Visor na web

Segundo a directora-xerente de Seaga, a veciñanza que non teña listas as leiras despois da data máxima recibirán unha notificación por parte do concello para tela lista nun prazo de 15 a 20 días. Ademais, lembra que a Xunta dispón dun visor público das faixas secundarias.

"Está aberto e entrando coa referencia catastral dan a localización directa de onde é a parcela e tamén está sombreada a zona da leira que tería que xestionar a biomasa, que ás veces non está a totalidade da parcela incluída dentro da faixa secundaria. Así se aclararía cal é a parcela e a zona que teñen que limpar", apunta.

Luísa Piñeiro subliña que "cada vez son máis as parcelas" que están xestionadas, o 65 % das inspeccionadas. Ao seu entender, a xente "está moi concienciada" porque o perigo pode ser "moi grave".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade