Publicador de contidos
Publicador de contidos

Axudas para renovar as redes municipais de abastecemento de auga

Axudas para renovar as redes municipais de abastecemento de auga

Os concellos galegos perden unha media do corenta por cento da súa auga nas redes municipias, e a cifra case chega a duplicarse nos concellos máis pequenos

Co obxectivo de paliar esta situación, dende a Xunta subvencionan obras destinadas a evitar infiltracións e minimizar as perdas nas redes de saneamento

G24.gal 29/01/2024 16:14

Os concellos galegos perden unha media do corenta por cento da súa auga nas redes municipais, e a cifra case chega a duplicarse nos concellos máis pequenos. Co obxectivo de paliar esta situación, dende a Xunta subvencionan obras destinadas a evitar infiltracións e minimizar as perdas nas redes de saneamento.

As avarías ou o mal estado das tubaxes están detrás de moitas das perdas de auga nas redes de abastecemento.

As cifras varían dependo do tamaño do concello, pero de media en Galicia no camiño queda arredor do corenta por cento da auga, ata o setenta no caso dos municipios máis pequenos. Por iso, dende as administracións levan tempo buscando o xeito de reverter esta situación.

"Primeiro coñecer as perdas de auga que teñen na súa rede e agora xa cun paso mais que é axudar a eses pequenos concellos a que podan melloralas, a maioría de redes de abastacemento dos concellos son antigas e teñen obviamente perdas e esta axudas van facilitar que eses concellos poidan mellorar", Marta Nóvoa, vicepresidenta de Deputación de Ourense

Hoxe a Xunta de Galicia informaba da publicación de novas axudas destinadas a facer máis eficientes as redes de saneamento e abastecemento.

Para reducir perdas en rede que non se superen o 20 % nas perdas en redes municipais. A outra orde de axudas é para a redacción de auditorías para redes de saneamento e polo tanto que poidan identificar esas inflitracións para reducilas, minimizalas, erradicalas e nese sentido, evitar verteduras ao medio natural", Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.  

O obxectivo é conseguir unha xestión da auga máis eficaz e ao mesmo tempo garantir a súa calidade. As axudas están destinadas a concellos de menos de 50.000 habitantes.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade