A Xunta pide fondos ao Estado para facer fronte ás obrigas da lei de benestar animal
A Xunta pide fondos ao Estado para facer fronte ás obrigas da lei de benestar animal
Vázquez cree que a norma pode provocar "un abandono de animais"
A vicepresidenta segunda da Xunta e conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, demanda que os futuros orzamentos xerais do Estado inclúan fondos para que as comunidades e concellos poidan facer fronte ás obrigas da Lei de benestar animal.
Tras a entrada en vigor da normativa estatal, a conselleira reuniuse con representantes do Colexio Oficial de Veterinarios da provincia de Ourense para analizar o contido da norma.
Vázquez critica que a lei "carga" a autonomías e municipios de "moitas responsabilidades, traballo e gastos", pero sen achegar fondos.
A conselleira lembra que Galicia xa conta cunha lei autonómica que prima o benestar dos animais e considera que no texto estatal se prima o "ideolóxico". Apunta que na nosa comunidade hai uns 764.000 animais rexistrados, dos cales 720.000 son cans e o resto, gatos, aves e furóns.
Ángeles Vázquez sostén que as leis "non poden ter afán recadatorio". Así mesmo, lamenta a falta de diálogo do Goberno en todo o proceso. Vázquez cree que a norma pode provocar o efecto contrario do que persegue e di que "lonxe de protexer, vai haber un abandono dos animais".