Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta presenta 16 alegacións ao decreto que regula as instalacións da eólica mariña

A Xunta presenta 16 alegacións ao decreto que regula as instalacións da eólica mariña

A orde pola que se vai regular a convocatoria de concorrencia competitiva ten que incluír medidas compensatorias para os sectores afectados

A valoración dos criterios non económicos dos proxectos ten que supoñer un 50 % da ponderación total

G24.gal 26/03/2024 17:34

A Xunta presentou un total de 16 alegacións ao Real Decreto polo que se regula a produción de enerxía eléctrica en instalacións situadas no mar, como a eólica mariña, presentado o pasado mes de febreiro polo Goberno central.

Entre as alegacións, hai tres cuestións básicas que a Xunta entende que se deben incluír na normativa como o proceso de diálogo e a colaboración público-privada, algo que debe ser obrigatorio e non só "potestativo".

En segundo lugar, é preciso que a orde pola que se vai regular a convocatoria de concorrencia competitiva ten que incluír medidas compensatorias para os sectores afectados.

Por último, a valoración dos criterios non económicos dos proxectos, como temas ambientais ou afeccións aos sectores implicados, ten que supoñer un 50 % da ponderación total, como mínimo, fronte ao 30 % actual.

A Xunta pide que o prezo de reserva sexa sempre público, para achegar transparencia e que na comisión técnica de valoración participen expertos do Instituto Español de Oceanografía.

Tamén solicita a inclusión dun mecanismo de revisión e actualización tanto dos prezos ofertados como das medidas compensatorias, ou que se especifique cando comezan a contabilizarse os prazos de concesión.

As 16 propostas presentadas elaboráronse tendo en conta as expostas polos promotores e polos sectores pesqueiro e industrial, no marco do traballo realizado no Observatorio da Eólica Mariña de Galicia que se reuniu o pasado 8 de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade