A Xunta propón a Ángel Carracedo como candidato aos Premios Princesa de Asturias 2022
A Xunta propón a Ángel Carracedo como candidato aos Premios Princesa de Asturias 2022
Xunto a Carracedo, a Xunta tamén propón o doutor británico Alec Jeffreys
Sería na categoría de Investigación Científica e Técnica
A Xunta propón os doutores Ángel Carracedo e tamén o británico sir Alec Jeffreys, como candidatos aos Premios Princesa de Asturias 2022, na categoría de Investigación Científica e Técnica.
O Goberno galego remarca os importantes descubrimentos acadados por ambos os dous científicos no ámbito da xenética e da medicina forense. Uns avances, destaca, que contribuíron á estandarización e implantación das probas de ADN forense a nivel mundial e que, a día de hoxe, seguen a axudar á xustiza a resolver un gran número de investigacións.
Di a Xunta que Carracedo é a figura máis representativa da medicina forense a nivel mundial, que excede o ámbito da xenética forense. É ademais o actual presidente da Academia Internacional de Medicina Legal.