Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta propón activar unha prima de emerxencia para o leite

A Xunta propón activar unha prima de emerxencia para o leite

A solución sairía dun acordo entre distribución, industria e os produtores

Medio Rural avanza a creación dunha axencia para cumprir coa lei da cadea alimentaria

Isto impediría que os gandeiros vendan a perdas como acontece agora

G24.gal 09/02/2022 16:54

A Xunta propón que o estado active unha prima de emerxencia de ata catro céntimos por litro de leite, igual que xa fixo o Goberno italiano, unha prima de emerxencia de ata 4 céntimos por litro de leite.

A solución sairía dun grande acordo entre distribución, industria e os produtores, que cobrarían a prima de xeito excepcional ao longo deste 2022.

Medio Rural avanzou a creación dunha axencia que vele polo cumprimento da lei da cadea alimentaria e impida que os gandeiros vendan a perdas, algo que sucede arestora tanto nas granxas de vacún de leite como nas de carne.

Encontro coas organizacións agrarias

Nun encontro coas organizacións profesionais agrarias o conselleiro do Medio Rural avanzou que lle van pedir ao Estado que active unha prima de emerxencia para que os gandeiros poidan facerlle fronte ao incremento nos custos de produción.

Estamos por encima dos corenta céntimos en custos de produción, ou acadamos un grande acordo que permita pechar unha prima de emerxencia poñendo de acordo a distribución, a industria e aos gandeiros ou vamos ter un problema sostibilidade do sector polo incremento dos custos de produción. José González Conselleiro do Medio Rural

Axencia de Información e Control de Ámbito Galego

González avanzou tamén que se vai crear a Axencia de Información e Control de Ámbito Galego para controlar o cumprimento da Lei da cadea alimentaria co obxectivo de frear a venda a perdas.

"Valoramos positivamente a postura da consellería. Hai que solicitar unha prima de emerxencia que se ten que ver xa constatada nos contratos do leite que se van asinar neste trimestre. Apoiamos tamén a creación dun observatorio do sector lácteo", Xoán Pérez Orozco Voceiro da Asociación Agraria de Galicia.

"Crear unha axencia de control galega parécenos unha iniciativa boa e necesaria porque ten que haber unha axencia que vele polo cumplimento dos contratos", Félix Porto Secretario de Acción sectorial de Unións Agrarias.

Nas vindeiras semanas terá lugar un novo encontro para analizar a situación do vacún de carne que tamén está a sufrir na venda perdas tras a suba dos custos de produción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade