Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta esixe ao Goberno o informe de inspección da A-6 para coñecer as causas do colapso

A Xunta esixe ao Goberno o informe de inspección da A-6 para coñecer as causas do colapso

A conselleira de Infraestruturas considera "insuficientes" as explicacións dadas polo Ministerio de Transportes sobre o colapso do viaduto

Ethel Vázquez opina que o Goberno "pode e debe" compensar os usuarios da AP-9 e a AP-53 ante a suba das peaxes o ano que vén

G24.gal 19/11/2022 10:10 Última actualización 19/11/2022 11:10

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, pídelle ao Goberno central que lle faga chegar á Xunta o informe de inspección especial realizado no viaduto da A-6 colapsado, así como o proxecto construtivo de reparación derivado dese informe. Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega, Vázquez considera "clave" estes dous documentos, que o Goberno non lles achegou, para saber que ocorreu nese tramo. Argumenta que o informe de inspección especial "analiza polo miúdo, con moitísimo detalle, as patoloxías do viaduto" e por iso foi un dos documentos que "solicitamos o martes" na reunión co Ministerio. Na opinión de Ethel, as explicacións ofrecidas esta semana polo executivo central son "insuficientes". Vázquez referíase así  a unha información publicada hoxe por El Progreso  na que se di que o viaduto do Castro presentaba graves deficiencias hai nove anos e que a clave do colapso está nese informe no que se baseou a última reparación, acabada media hora antes de virse abaixo. 

"Non parece lóxico que se nos traslade que o viaduto estaba moi mal, e as obras de reparación que deberían de reparalo fixeron que caera. Iso non é lóxico. Necesítanse máis explicacións. É clave o informe de inspección especial e o proxecto de reparación derivado dese informe de inspección especial. Son claves e a día de hoxe non temos acceso a eles". 

A conselleira de Infraestruturas tamén considera que a terceira alternativa de desvío do tráfico pesado debido ao afundimento do viaduto do Castro evidencia "a improvisación" do Goberno.

Peaxes AP-9 e AP-53

A conselleira de Infraestruturas opina que o Goberno "pode e debe" evitarlles aos condutores galegos a suba "histórica" -incide-  das peaxes na AP-9 e na AP-53 previstas para o ano que vén. Ethel Vázquez insiste en que se  a Xunta pode facelo coas autoestradas autonómicas, o executivo central tamén pode facelo coas estatais. Agoira un importante impacto non só para as familias e transportistas senón tamén para a "competitividade" do tecido produtivo galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade