Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta sinala que a situación en Galicia mellora: a marea de 'pellets' diríxese ao Cantábrico

A Xunta sinala que a situación en Galicia mellora: a marea de 'pellets' diríxese ao Cantábrico

Dende o comité científico aseguran que a pesar de que a vertedura ten un impacto grande, o material non é tóxico e xa se retirou moito.

O balance establece que nas prais galegas recolléronse 132 sacos de pellets

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, xunto a directora do Intecmar, Covadonga Salgado, e a directora xeral de Calidade Ambiental, Sagrario Pérez, durante a primeira reunión do comité científico de asesoramento específico en materia de plásticos (EFE/Salvador Sas)
G24.gal 19/01/2024 12:15 Última actualización 19/01/2024 14:22

Dende a Xunta, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medios Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, afirma este venres que as correntes están desprazando os pellets cara ao Cantábrico, segundo os modelos de simulación do Goberno autonómico. 

“Hai que esperar ao que ocorra co correntes pero todo apunta a que xa está a pasar e que o resto dos ‘pellets’ dirixiranse ao Cantábrico e as nosas costas serían menos afectadas”, sinalou antes de asistir á primeira reunión do comité científico de asesoramento específico en materia de plásticos.

Neste sentido, a conselleira mandou unha mensaxe de tranquilidade aos galegos e puxo en valor o encontro deste venres, pois servirá para propoñer ideas co obxectivo de protexer as cosas galegas.  Estas propostas serán trasladadas ao Goberno, ao resto de comunidades autónomas e tamén a Europa porque “ao comité hai que facerlle caso si ou si”.

Con todo, Ánxeles Vázquez subliña que se abordará a situación dos nosos mares e as praias en xeral, xa que o episodio causado pola vertedura do Toconao é só unha parte engadida a un estendido problema.

Quero facer unha dimensión de onde estamos, a nivel internacional bótanse ao mar 32 millóns de toneladas de pellets, é unha cantidade que hai que frear, pero neste caso falamos de 25 toneladas, que é unha pinga máis nese maremágnum a nivel mundial”.

A primeira reunión do comité científico de asesoramento en materia de plásticos congrega 16 expertos que asesorarán a Xunta

No comité científico, participan as tres universidades galegas e ata 11 entidades distintas. Nos areais galegos recolléronse 132 sacos de pellets e 9.000 quilos doutros tipos de plásticos. Súmanse 800 quilos entregados polos concellos afectados. 

Covadonga Salgado Blanco, directora do Intecmar e membro do comité científico, explicou que non esperan "un impacto grande  porque a cantidade (da vertedura), sen desprezala, non é grande, o material non é tóxico e retirouse moitísimo".

Os pellets que chegan ás praias analízanse para comprobar a súa orixe e se proceden todos da mesma vertedura. 

Vázquez insistiu en na súa petición "ao Goberno central que actúe, porque hai que pedir responsabilidades á navieira, que se ten que facer cargo dos gastos que implica este operativo".

Este venres máis de 400 operativos da Xunta traballan en 56 praias de 30 concellos. No mar son 2 helicópteros e 12 embarcacións para vixiar posibles sacos flotando aos que se suman dous avións do ministerio.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade