Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta urxe o Goberno central a garantir o transporte de mercadorias esenciais

A Xunta urxe o Goberno central a garantir o transporte de mercadorias esenciais

O vicepresidente, Alfonso Rueda, di que a situación é critica e que non se pode prolongar unha semana máis

G24.gal 19/03/2022 14:29

A Xunta urxe o Goberno central a mobilizar o Exército e as forzas de seguridade para garantir a subministración aos servizos esenciais. O vicepresidente, Alfonso Rueda, di que a situación é critica e que non se pode prolongar unha semana máis.

Eu creo que un goberno responsable o que ten que facer e que non está facendo é sentarse a negociar e, mentres as negociacións non dan os seus froitos, garantir que a submistración e os transportes que a levan se desenvolvan cunha normalidade que neste momento non estamos vendo.  É urxentísimo que se fagan corredores seguros garantir que estes transportes poidan funcionar. Hai medios a disposición, están as Forzas de Seguridade do Estado e tamén está o Exercito, fronte ao perigo de que servizos esenciais non se poidan prestar, deberan tamén intervir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade