Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta vai crear en Vilanova de Arousa un polo de emprendemento

A Xunta vai crear en Vilanova de Arousa un polo de emprendemento

Será o noveno que impulse o Goberno galego

G24.gal 11/09/2023 17:01

O Pazo de Vista Real, no municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa, será a sede do noveno polo de emprendemento impulsado pola Xunta de Galicia para xerar emprego, dinamizar a economía local e fixar poboación. Así o anunciou este luns a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, tras manter un encontro con empresarios da comarca do Salnés.

Toda esta zona, segundo Rivo, ten "moito potencial" en ámbitos como o turismo, o comercio ou o sector primario, especialmente o mar, o que permite xerar riqueza "pegada ao territorio" a través do apoio a proxectos de emprendemento que cren "emprego de calidade".

Os oito polos activos en toda Galicia, destacou a conselleira, atenderon no último ano máis de 550 persoas, que recibiu máis de 1.700 titorías. O obxectivo destes organismos é convertelos en "verdadeiros centros de dinamización" dos territorios en que se sitúen, trasladou Elena Rivo aos empresarios, servindo como "foros de interlocución" para recoller as demandas da poboación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade