Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xustiza declara inconstitucionais varias medidas do decreto de Rajoy para subir a recadación polo Imposto de Sociedades

A xustiza declara inconstitucionais varias medidas do decreto de Rajoy para subir a recadación polo Imposto de Sociedades

Non poderán reclamar a devolución do imposto aqueles que xa o pagaran e que non reclamasen ata agora

G24.gal 18/01/2024 20:39

O Tribunal Constitucional acordou por unanimidade declarar inconstitucional algunhas medidas do real decreto-lei aprobado en 2016 polo Goberno de Mariano Rajoy para aumentar a recadación a través do Imposto de Sociedades ao considerar que este tipo de modificacións non se poden introducir vía real decreto-lei.

As modificacións do Imposto de Sociedades a que fai referencia o TC inclúen a fixación de topes máis severos para a compensación de bases impoñibles negativas; a introdución ex novo dun límite á aplicación das deducións por dobre imposición, e a obrigación de integrar automaticamente na base impoñible as deterioracións de participacións que fosen deducidas en exercicios anteriores.

As dúas primeiras medidas só son aplicables ás grandes empresas, mentres que a terceira pode afectar a calquera suxeito pasivo deste tipo de imposto.

Neste sentido, a corte de garantías reiterou a súa doutrina, en que fixa que un decreto-lei non pode alterar nin o réxime xeral nin aqueles elementos esenciais dos tributos que inciden na determinación da carga tributaria, o cal debe avaliarse en función do tributo concernido, os elementos a que afecta a modificación e o alcance desta.

Sen efectos retroactivos

Ao fío, o tribunal fixou que non poderán reclamar a revisión aqueles con obrigacións tributarias devindicadas polo imposto sobre sociedades que, á data de ditarse esta sentenza, fosen decididas definitivamente mediante sentenza con forza de cousa xulgada ou mediante resolución administrativa firme.

Así mesmo, determinou que tampouco poderán revisarse aquelas liquidacións que non fosen impugnadas á data de ditarse a sentenza nin as autoliquidacións cuxa rectificación non fose solicitada á devandita data. Con esta decisión, o tribunal limita os efectos retroactivos da súa sentenza nos mesmos termos que fixo coa do imposto de plusvalía municipal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade