Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xustiza europea abre a porta a seguir reclamando os gastos da hipoteca

A xustiza europea abre a porta a seguir reclamando os gastos da hipoteca

Tomba o criterio do Supremo que fixaba o prazo en cinco anos desde o seu veredicto do 2019

G24.gal 27/01/2024 20:36 Última actualización 27/01/2024 21:18

Se ten unha hipoteca interesaralle coñecer as recomendacións de Adicae para reclamar os gastos da factura do notario, a xestoría e o rexistro. A asociación de usuarios de bancos e caixas de aforros celebra que a xustiza europea dea máis tempo para solicitar a devolución destes gastos.

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea sentenciou a favor da clientela. O prazo para reclamar a devolución dos  gastos asociados a unha hipoteca empeza a correr cando o consumidor coñece que a cláusula do contrato asinado é abusiva.

"Todas as persoas que teñen gastos anteriores ao 2019, porque despois desa data xa non hai que pagar a maioría dos gastos, todos teñen dereito a reclamar e todos deben reclamar inicialmente ao servizo de atención ao cliente do banco e despois se é preciso ao xulgado", asegura Karina Fábregas, avogada de Adicae.

Coa sentenza deste xoves, o tribunal de Luxemburgo tumba o criterio do Supremo que fixaba o prazo para reclamar os cartos en cinco anos desde o seu fallo do 2019, que estableceu o repartimento dos gastos hipotecarios entre o banco e o cliente.

"De media poden ser 600 euros. Se falamos de hipotecas de 200.000 -300.000 euros xa estariamos falando de 1.000 euros e os xuros".

Desde ADICAE confían tamén en que a xustiza europea declare nulas as cláusulas chan, a avogada xeral da Unión xa apoiou esta posibilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade