A xustiza reclámalle a Competencia que sancione a Monbus e Alsa por repartimento do mercado
A xustiza reclámalle a Competencia que sancione a Monbus e Alsa por repartimento do mercado
Das 29 concesións que se contrataron, presentáronse a cinco agrupadas nunha Unión Temporal de Empresas
O TSXG resolve que a Comisión Galega non analizou se se impediu concorrer a outras empresas de menor tamañoO TSXG falla que a Comisión Galega non analizou se se impediu concorrer a outras empresas de menor tamaño.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou á Comisión Galega da Competencia que incoe un expediente sancionador contra Monbus e Alsa "por indicios de poder repartirse o mercado".
A sentenza retrotráese a 2020, cando ambas compañías concorreron a través dunha Unión Temporal de Empresas (UTE) a un concurso público de varios contratos de transporte por estrada.
Das 29 concesións que se contrataron, presentáronse a cinco en UTE.
En 2021, a Comisión Galega da Competencia arquivou as actuacións por mor das denuncias que presentaran a CIG e Traveiso Consultores de Gestión e Software de Transporte de Viajeros.
Despois, foi Travieso Software Transporte de Viajeros a que recorreu á xustiza a decisión deste organismo público autonómico.
A sentenza, do 10 de marzo, advirte que a mencionada comisión arquivou o caso "sen realizar a comprobación dos feitos denunciados, existindo indicios racionais de infracción".
Por tanto, os maxistrados do TSXG decretan a nulidade da resolución da Comisión Galega da Competencia.
Contra a sentenza do TSXG cabe presentar recurso de casación.