Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xuventude, incapaz de mercar unha vivenda

A xuventude, incapaz de mercar unha vivenda

Só o 32 % dos menores de 35 anos son propietarios dunha vivenda

Medra a riqueza neta dos españois nun 4 %, pero a da mocidade descende un 26 %

Cartel publicitario dunha inmobiliaria
G24.gal 15/05/2024 15:20

Con dúas crises ás costas, a mocidade é a principal vítima dos problemas estruturais do mercado laboral, estando practicamente obrigados a vivir de alugueiro debido á súa nula capacidade de aforro.

So un 32 % dos menores de 35 anos son propietarios da súa casa. Hai pouco máis dunha década eran o 69 %. O emprego precario está entre a principal causa para non soñar cunha vivenda propia.

Mentres os maiores aumentan a súa capacidade para acumular patrimonio, na mocidade cae un 26 %. Medra case nun 4 % a riqueza neta dos españois, pero non de xeito equitativo. Son datos extraídos da ultima enquisa financeira sobre as familias elaborada polo Banco de España, quen advirte de que á xente nova non lle queda marxe para mercar unha vivenda.

Segundo Vicente Martínez, secretario da Asociación Galega de Inmobiliarias, a mocidade "xa case nin se acercan as axencias inmobiliarias porque xa son conscientes da súa limitación económica". 

Pola contra son os maiores os que acumulan riqueza e patrimonio, e moitos deles terán que volver a empezar todo o proceso de merca dunha vivenda, nesta ocasión, para os seus fillos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade