A Audiencia de Almería apraza ao 16 de setembro a comparecencia de Santi Mina
A Audiencia de Almería apraza ao 16 de setembro a comparecencia de Santi Mina
Nos próximos días, determinarase se todas ou algunha das partes e o interesado comparecerán de forma presencial ou de maneira telemática
Este é o comunicado da Sección Terceira da Audiencia de Almería
"A Audiencia de Almería aprazou para o 16 de setembro a sesión de comparecencia de ingreso en prisión do futbolista Santiago M. L. solicitada pola acusación particular tras a súa condena a catro anos de prisión pola comisión dun delito de abuso sexual A comparecencia fora sinalada para mañá, día 8 de setembro. É necesario aclarar que á comparecencia non pode asistir nin público nin medios de comunicación ao desenvolverse a porta pechada e non en audiencia pública. Nos próximos días, determinarase se todas ou algunha das partes e o interesado comparecerán de forma presencial ou de maneira telemática. Doutra banda, informamos de que o tribunal da Sección Terceira resolverá en próximos días a petición de aclaración de sentenza que presentou a defensa do futbolista condenado. Despois, esta parte terá un prazo para presentar, se o estima oportuno, o recurso de apelación contra a sentenza #ante a Sala Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía"