Santi Mina volve aos adestramentos mentres o Celta busca rescindir o contrato
Santi Mina volve aos adestramentos mentres o Celta busca rescindir o contrato
Agárdase para esta semana a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía logo de ser condenado en primeira instancia a catro anos de cárcere por abuso sexual
Ten contrato ata xuño de 2024
Santi Mina regresou aos adestramentos co Celta este mércores. Fíxoo antes que o resto de compañeiros. Mina foi condenado por abuso sexual e agarda para esta semana o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía.
Co primeiro fallo condenatorio, de catro anos en primeira instancia na Audiencia Provincial de Almería, xa se deu unha situación similar. O xogador foi apartado polo club agardando chegar a un acordo para a rescisión do contrato, situación que volve a poñer enriba da mesa.
A temporada pasada acabou cedéndoo ao Al Shabaab de Arabia Saudí no mes de agosto, equipo co que xogou todo o campionato. Unha vez rematada a cesión ten que incorporarse para cumprir o ano de contrato que lle queda no Celta.