Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abanca gaña 148,8 millóns nos nove primeiros meses do ano, un 3,3 % máis

Abanca gaña 148,8 millóns nos nove primeiros meses do ano, un 3,3 % máis

O volume de negocio da entidade bancaria situouse nos 107.000 millóns

A compañía asegura que afronta a situación de "incerteza" económica actual desde "unha sólida posición financeira"

G24.gal 03/11/2022 12:03

Abanca obtivo nos nove primeiros meses do ano un resultado neto de 148,8 millóns de euros (excluíndo atípicos), cifra que supón un crecemento do 3,3 % en termos recorrentes respecto ao mesmo período do ano pasado.  

Esta mellora do beneficio vén impulsada pola maior achega do negocio recorrente (marxe de xuros mais ingresos por prestación de servizos), que creceu un 8,3 % e supón o 94 % da marxe bruta.  

Segundo informou Abanca, o volume de negocio da compañía situouse nos 107.000 millóns  entre xaneiro e setembro, un 3,2 % máis que no mesmo período de 2021.  

Desta cantidade, 46.044 millóns correspóndense a préstamos e anticipos á clientela, mentres que 60.956 millóns a captación de recursos.  

Así, a carteira de crédito normal incrementou un 3,5 %, ata os 45.995 millóns de euros, coas familias e as empresas como os seus compoñentes maioritarios, cun 40 % do total cada un.

Ademais, os depósitos dos clientes creceron un 5 % entre os tres primeiros trimestres de 2021 e de 2022, ata 49.209 millóns. No que vai de ano, Abanca alcanzou as 79.000 altas de clientes.

Por todo iso, a entidade asegura que afronta os próximos trimestres, que se desenvolverán nunha contorna macroeconómica de "incerteza", desde "unha sólida posición financeira".  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade