Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abanca recorrerá o imposto á banca, que lle supón un impacto de 50 millóns

Abanca recorrerá o imposto á banca, que lle supón un impacto de 50 millóns

A entidade obtivo un beneficio de 217 millóns en 2022, un 40,7 % máis ca en 2021

O seu volume de negocio superou os 111.000 millóns de euros

Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, presenta os resultados da entidade (EFE/Lavandeira jr) Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, presenta os resultados da entidade (EFE/Lavandeira jr)
EFE 27/01/2023 10:44 Última actualización 27/01/2023 12:59

Abanca recorrerá o imposto á banca impulsado polo Goberno, que lle supón un impacto de 50 millóns de euros, tal e como sinalou este venres o presidente da entidade financeira, Juan Carlos Escotet.

Ante as preguntas dos medios tras a presentación dos resultados da entidade correspondentes ao exercicio 2022, Escotet opinou que o imposto é "anticonstitucional" e avanzou que será recorrido "no debido momento".

"O efecto do imposto de prestación patrimonial é unha cifra relevante, cun efecto de case 50 millóns de euros nas nosas contas de resultados", declarou Escotet, que insistiu en que "a súa aplicación é dispar" e que lles pon "en desvantaxe" dentro do sector.

"Non só ten efecto na aplicación de maior volume de crédito, máis nun ano como este en o que será especialmente relevante, senón que nos afasta das mellores prácticas europeas", destacou.

217 millóns de beneficisos

Abanca obtivo en 2022 un beneficio de 217 millóns de euros, un 40,7 % máis en termos recorrentes que no exercicio anterior, grazas "ao bo comportamento do negocio e ao control do custo do crédito", destaca a entidade financeira.

Á súa vez, o volume de negocio superou os 111.000 millóns de euros, tras a recente adquisición de Targobank.

Estes resultados, que foron presentados este venres nunha conferencia de prensa en Santiago de Compostela, enmárcanse, segundo os xestores de Abanca, nun exercicio marcado polo bo comportamento da marxe dos tipos de xuro e o incremento na prestación de servizos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade