Cargando resultados...
Abatido un home armado preto do consulado israelí en Múnic
Abatido un home armado preto do consulado israelí en Múnic
É un austríaco de 18 anos investigado polos seus vínculos co islamismo
O suceso coincide co 42 aniversario dos atentados nos Xogos Olímpicos nesa cidade
Antón Montero
05/09/2024 20:48
Última actualización 05/09/2024 21:10
A policía alemá matou un home nun tiroteo preto do consulado de Israel en Múnic. O sospeitoso estaba deambulando cun fusil polas inmediacións do edficio, próximo tamén a un centro de documentación sobre o nazismo.
Cando foi requirido polos axentes, disparou contra eles e foi abatido. Era un mozo austríaco de 18 anos investigado no pasado polos seus vínculos co islamismo.
Dáse a circunstancia de que hoxe se cumpren 42 anos do asasinato de 11 atletas israelís nos xogos olímpicos de Múnic a mans do grupo terrorista palestino Setembro Negro.