Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aberta a vía para xulgar o sospeitoso do Crime do Ceao

Aberta a vía para xulgar o sospeitoso do Crime do Ceao

28 anos despois do dobre asasinato, as familias celebran a decisión

A Audiencia Provincial de Lugo rexeitou os recursos do individuo

G24.gal 29/04/2022 19:39

Os familiares de Elena López e Esteban Carballedo viven unha xornada feliz. 28 anos despois do asasinato dos dous traballadores nun almacén do polígono do Ceao, por fin poderán sentar no banquiño dos acusados o presunto autor dos feitos.

Foron case tres décadas de trámites xurídicos, concentracións periódicas e visitas os xulgados nunha loita que estivo a piques de fracasar por dúas ocasións co posible arquivo do que xa é o expediente criminal aberto máis antigo de España.

Hai un ano declaraba nos xulgados o único sospeitoso do dobre asasinato, residente en Burgos. Daquela as familias amosábanse esperanzadas de que puideran xulgalo.

O auto da Audiencia rexeita os recursos do sospeitoso e agora só falta que a fiscalía decida ir a xuízo, algo que as acusacións particulares van pedir.

As familias van celebrar unha nova concentración este luns nas rúas de Lugo para lembrar a Elena López e Esteban Carballedo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade