Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abre ao tráfico rodado o túnel de Sol e Mar en Perillo

Abre ao tráfico rodado o túnel de Sol e Mar en Perillo

A obra mellora a fluidez do tráfico e a seguridade viaria

G24.gal 22/12/2023 14:42 Última actualización 22/12/2023 14:57

Contra as dez e media da mañá comezaron a circular os coches polo paso inferior da AC-12, en Perillo.

"Nótase moito que abriu. Antes non paraban de pasar coches por aquí diante e agora... Xa dixen que o iamos botar de menos".

E é que por esa zona de Perillo circulan todos os días, aproximadamente, 50.000 vehículos que, ata este venres, tiveron que sufrir nos últimos tres anos unha morea de atascos e longas esperas.

"Eu cheguei a estar aquí parado vinte minutos". "É unha obra que facía moita falta, pero chega con meses de atrasos e aínda non está rematada", comentan os veciños.

Certo é que é unha infraestrutura que viñan demandando desde hai tempo porque se trata dunha das principais arterias de comunicación da Coruña. Pero os comerciantes din que esta non é a solución para os seus negocios.

"Moitos clientes xa nos teñen dito que van a outros sitios para evitar todas estas obras". "Non é doado ter as obras diante dos negocios", lamentan os comerciantes.

Nos próximos meses aínda van seguir aturando obras porque os traballos asociados á urbanización do nivel superior está previsto que rematen no primeiro semestre do 2024, con novas áreas humanizadas e axardinadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade