Abre na Coruña unha nova edición de Viñetas desde o Atlántico
Abre na Coruña unha nova edición de Viñetas desde o Atlántico
O salón da banda deseñada fai 27 anos
Este luns abriu as súas portas Viñetas desde o Atlántico, a gran cita coa banda deseñada que un ano máis volve á cidade da Coruña.
Pasear pola chamada rúa da Banda Deseñada, nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, permite encontrarse con autores e autoras do xénero como o creador do supervendas do cómic infantil e xuvenil Superpataca.
Viñetas desde o Atlántico fai 27 anos. Unha cita clásica, referente a nivel internacional no mundo do cómic, que este ano se presenta renovada.
O Kiosco Alfonso, unha das sedes oficiais do Salón onde se celebrou na tarde deste luns o acto de inauguración, acolle varias das 18 exposicións monográficas. Desta volta haberá unha en homenaxe ao desaparecido creador de Son Goku.
Outra novidade. O Salón do Cómic amplía a súa listaxe de personaxes e superheroes cunha nova figura -a primeira galega-que se suma á colección. Trátase do rapaz labrego Gaspariño, obra de Xaquín Marín que se presentará este martes no Teatro Colón.