Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abre o prazo de matriculación nas garderías para o primeiro curso, gratis para todos

Abre o prazo de matriculación nas garderías para o primeiro curso, gratis para todos

Para todos os nenos de garderías autonómicas, municipais, privadas ou de iniciativa social

G24.gal 16/03/2022 16:54

Ata agora as escolas infantís eran de balde a partir do segundo fillo en Galicia. Dende o curso que vén serán para todos os nenos de garderías autonómicas, municipais, privadas ou de iniciativa social.

No día en que o Diario Oficial de Galicia publica a orde para a apertura da matriculación, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destaca que a nosa será a primeira comunidade con educación gratis dende os tres meses ata a Universidade.

"Neste momento onde todo sobe -o prezo da luz, do gasóleo, da gasolina, do gas- tiñamos que dar unha boa nova ás familias galegas. A educación infantil non sobe, convértese en gratuíta. A educación infantil custa cero euros en Galicia", dixo o xefe do Goberno galego.

Alberto Núñez Feijóo pídelle ao Goberno cofinanciamento para esta iniciativa e que a estenda a toda España. A Xunta dedica a esta medida 30 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade