Abre o prazo para solicitar as axudas á promoción do emprego autónomo, que inclúe a cota cero para novas altas
Abre o prazo para solicitar as axudas á promoción do emprego autónomo, que inclúe a cota cero para novas altas
Abre o prazo para solicitar as axudas á promoción do emprego autónomo, que inclúe a cota cero para novas altas
Hai dúas liñas de subvencións compatibles: para impulsar o inicio da actividade e o mantemento de emprego e cota cero durante doce meses de actividade
As achegas máximas previstas rozarán os 8.000 euros para desempregados que inicien a súa actividade profesional en Galicia
A Xunta de Galicia abriu este martes o prazo de solicitude das axudas á promoción do emprego autónomo publicadas no Diario Oficial de Galicia o pasado 9 de xaneiro.
Dotadas con 28,9 millóns de euros, inclúese unha partida de 9,6 millóns de euros para financiar ao 100 % a cota reducida dos novos autónomos durante os 12 primeiros meses de actividade.
Segundo explican nun comunicado, pódense beneficiar das achegas as persoas que cursen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 30 de setembro e o 29 de setembro de 2024.
Dúas liñas de axudas
As axudas estrutúranse en dúas liñas: unha primeira, para impulsar o inicio da actividade e o mantemento de emprego dos autónomos, e a segunda, coa que se garante a cota cero durante doce meses de actividade.
Para optar á primeira das liñas, as persoas beneficiarias deben estar inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos, sen ocupación efectiva na data de inicio da actividade.
Ademais, deberán contar con domicilio fiscal en Galicia e non ter altas rexistradas como autónomos nos tres anos anteriores.
As contías deste apartado oscilan entre os 2.000 euros básicos ata os 4.000 no caso de que se trate de menores de 30 anos, parados de longa duración, con discapacidade ou en situación de dependencia, en exclusión social, emigrantes retornados e estranxeiros ou maiores de 52 anos.
Haberá un incremento extra do 15 % se a autónoma é muller ou o centro de traballo está no rural, entre outros supostos.
Para acceder á liña que garante o financiamento íntegro da cota durante os 12 primeiros meses, os autónomos deberán ser beneficiarios da cota reducida no momento de presentación da solicitude.
A contía neste caso ascende a 960 euros, o equivalente ao pago do importe mensual reducido multiplicado polos 12 primeiros meses de alta.
As achegas máximas previstas, ao tratarse de dúas liñas compatibles, rozarán os 8.000 euros para desempregados que inicien a súa actividade profesional en Galicia como traballadores autónomos.
O prazo de solicitude ábrese este martes e estará vixente ata o 30 de setembro de 2024.