Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abren pistas en Manzaneda por primeira vez na temporada

Abren pistas en Manzaneda por primeira vez na temporada

A innovación artificial permitiu habilitar 300 metros para esquiar

Con rebaixas nos servizos da estación para animar os esquiadores

Estudantes de Santiago gozando dun día de neve en Manzaneda
G24.gal 07/04/2022 14:46

Os canóns de innivación son os responsables da nevarada que permitiu abrir por primeira vez as pistas desde xaneiro do ano pasado.

"Ben. Típico día de Manzaneda: pouca neve e moita néboa. A neve está pesada, húmida e bastante rápida", sinala un esquiador.

Hai dúas pistas abertas, Xeixo A e Xeixo B, na parte superior da estación. Trescentos metros esquiables e outra zona para tirarse con zorras ou pas, o que máis aproveitaron estes estudantes de Santiago que viñeron pasar uns días na estación e aos que se unirán outros de Vigo. Para moitos é unha oportunidade única para gozar da neve, cada vez máis escasa na nosa latitude. "Moi ben, moi entretido. Había moito que non viamos a neve". "Vina unha vez de pequena, pero era moi pequena, así que ilusióname", comentan dúas rapazas.

Descontos

Para animar os esquiadores, de momento escasos, a estación rebaixou o prezo dos servizos, tanto a telecadeira coma o forfait para acceder ás pistas. A duración destas condicións, en vésperas xa da Semana Santa, dependerá, coma sempre, da meteoroloxía dos próximos días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos