Publicador de contidos
Publicador de contidos

Acabouse o consenso na política monetaria, por Venancio Salcines

Acabouse o consenso na política monetaria, por Venancio Salcines

G24.gal 04/05/2023 10:26

A Reserva Federal (Fed) volve subir os xuros, neste caso sen consenso, e con isto pasa a moverse por enriba do 5 %. Pero quizais o máis relevante é que por primeira vez xa non é evidente manter o pulo da actual política monetaria.

Por que? Primeiro porque temos sinais alarmantes, preocupantes, sobre unha caída da demanda do crédito. Isto era o que se buscaba e isto parece que xa está acontecer. Se isto é así, por que seguir subindo tipos? 

Tamen é bo dicir que hoxe, que é previsible que o Banco Central Europeo (BCE) suba os xuros, o debate europeo será similar ao que está a acontecer nos Estados Unidos.   

Ben é certo que a inflación subxacente segue descontrolada pero é igualmente certo que a súa tendencia xa mostra un crecemento moderado. E a economía, cando se frea, faino como calquera obxecto en movemento, require de metros, nunca o fai de modo abrupto, e polo tanto estamos na obriga de ler os sinais que nos mostra. 

Os prezos do petróleo xa están preto dos setenta euros, cando hai un ano superaban os cento vinte, e esta caída explícase por determinados factores, un deles, a crenza de que nos espera un arrefriamento económico mundial. Se isto é así, é pertinente seguir botando chorros de auga fría polo corpo económico de Europa e dos Estados Unidos.

Este é o debate, aberto e sen conclusión. Os dirixentes monetarios están, mais que nunca, atentos ao impacto das súas medidas, primeiro para decidir se xa estamos no punto máis alto da escalada dos xuros, e segundo para concluír que non se teñen excedido coa medicina utilizada e toca estudar contramedidas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar