Publicador de contidos
Publicador de contidos

Accesorios de luxo para animais de compañía

Accesorios de luxo para animais de compañía

O mundo das mascotas move en España máis de 1.500 millóns de euros
 

Portamascotas valorado en 2.850 euros
G24.gal 05/08/2024 15:24 Última actualización 05/08/2024 15:46

"Aquí é onde vou poñer a Lili, e ademais ten esta correa de seguridade, que Lili estou segura que non saltaría, pero por se acaso. O pelo é incriblemente suave e custoume 180 euros", conta unha muller que mercou un bolso para a súa cadela.

A exclusividade ten un prezo tamén no mundo das mascotas. Os accesorios de luxo e os produtos premium moven millóns de euros, máis de 1.500 cifra a Asociación Española de Distribuidores de Produtos para Animais de Compañía. Todo deriva dun fenómeno relativamente recente; humanización das mascotas.

"Eu vivo en Madrid e vin cans con chaquetas de Gucci".

"Non deixa de ser un can, non é unha persoa, non é o teu fillo", comentan na rúa.

Os patróns de consumo humano trasládanse ao mundo animal. No mercado de luxo atopamos produtos de todas as categorías en que o prezo vai seguido de varios ceros. As marcas máis exclusivas  atoparon un nicho de mercado. Este perfume é o primeiro dunha marca de luxo deseñado especialmente para mascotas.

"Aos cans realmente non se lles debe botar perfume porque teñen un olfacto demasiado desenvolto, entón botarlle perfume é atrofiarllo", explica unha rapaza. 

En España máis da metade dos fogares teñen unha mascota e é un membro máis da familia. Pero esta excesiva humanización estásenos indo das mans?

"Unha cousa é que che faga compañía e outra cousa é que malgastes eses cartos nunha mascota cando hai persoas que probablemente precisen de todo iso. Adopta a alguén ou doa a unha asociación benéfica ou comparte o teu se é que che sobra", reflexiona unha señora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade