Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un coche cae dunha altura de varios metros no Burgo e o condutor sae ileso

Un coche cae dunha altura de varios metros no Burgo e o condutor sae ileso

O vehículo saíu da vía, rachou o valado e caeu por unha pendente pronunciada 

G24.gal 07/04/2024 20:31 Última actualización 07/04/2024 20:54

O accidente foi no Burgo, en Culleredo, na avenida Xoán Carlos I. O condutor do vehículo perdeu o control nunha rotonda, saíu da vía, rompeu o valado de protección e marchou por unha pendente de varios metros ata o parque do paseo marítimo.

Non quedou ninguén ferido e o coche, malia a altura, sufriu poucos danos. Segundo a Policía local, o condutor puido quedar durmido ao volante. Algúns viandantes que pasaban polo lugar sorprendíanse este domingo ao ver o vehículo sobre o céspede.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade