Publicador de contidos
Publicador de contidos

Achan unha bazuca abandonada sobre un contedor de lixo en Pontevedra

Achan unha bazuca abandonada sobre un contedor de lixo en Pontevedra

O lanzagranadas foi trasladado a Vigo para a súa análise

Segundo as características da arma, podería ser de orixe militar

G24.gal 31/01/2024 11:45

A Policía Nacional investiga a aparición dunha bazuca, un arma lanzagranadas, que apareceu en Pontevedra abandonada en plena rúa. A arma, que non tiña carga explosiva, estaba apoiada sobre un contedor de lixo, situado na rúa Echegaray, en Pontevedra, segundo confirmou a comisaría provincial.

Unha unidade dos técnicos especialistas en desactivación de explosivos (Tedax) da Policía Nacional foi a encargada de retirar a bazuca, que foi trasladada a Vigo para a súa análise.

Un veciño da zona localizou a arma cando, sobre as oito da tarde deste martes, acudía tirar o lixo e viuna sobre o contedor, dando aviso ás autoridades policiais.

A Policía Nacional investiga agora quen puido abandonar o lanzagranadas na rúa. Unha das súas primeiras xestións foi contactar coa Brigada Galicia VII (Brilat), cuxo cuartel principal está en Figueirido (Pontevedra), xa que pola súa características a arma podería ter orixe militar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade