Cargando resultados...
Acoitelan unha muller sen motivo aparente en Barcelona
A vítima, que está grave, saía dun restaurante onde ceara cunhas amigas
Os Mossos buscan o agresor, que lle cravou un obxecto punzante no peito e fuxiu
G24.gal
09/12/2023 19:23
Última actualización 09/12/2023 19:43
Os Mossos d'Esquadra buscan un home que acoitelou unha muller en Barcelona, en principio, sen motivo aparente.
Ocorreu no distrito de Gràcia o xoves a medianoite, cando a vítima saía dun restaurante no que ceara con catro amigas. O individuo achegóuselle, cravoulle un obxecto punzante no peito e fuxiu.
A muller tivo que ser operada e permanece estable dentro da gravidade.