Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha parella de Barcelona puido deixar a cidade e mudarse aos Ancares grazas ao teletraballo

Unha parella de Barcelona puido deixar a cidade e mudarse aos Ancares grazas ao teletraballo

Nuria e Miguel levan catro anos residindo en Cervantes, onde aseguran vivir felices

A parella casou nas pallozas de San Román
Félix Aragunde 03/02/2025 20:39 Última actualización 03/02/2025 20:50

Nuria e Miguel levan xa catro anos residindo en Cervantes. Ambos proceden de Barcelona, e puideron cambiar a súa cidade natal polos Ancares grazas ao teletraballo.

Nuria Gallego: "A nós atraíanos moito vivir na montaña e como Miguel ten familia aquí, viñemos un verán e encantoume. Cando se deron as condicións de poder traballar a través de internet, decidimos vir".

O ano pasado esta parella celebrou a súa voda nas pallozas do museo etnográfico de San Román de Cervantes. Agora, aseguran que non cambiarían a montaña pola cidade onde se criaron.

Miguel Fernández: "Ano tras ano vaste afacendo e descobres que vivir as estacións é unha marabilla. Todo é moito máis intenso. Agora que estamos no inverno, xa penso en cando vai chegar a primavera coa súa explosión de verdor, flora e fauna. Iso non ten prezo".

Nuria Gallego: "Coñeces a vida e o nome das persoas, e paras a falar con elas das cousas do cotián. Non ten nada que ver. Sénteste máis cómoda vivindo aquí en comunidade".

Coma tantos outros, Nuria e Miguel souberon así aproveitar a oportunidade de vivir a vida rural que eles soñaron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade