Publicador de contidos

Publicador de contidos

As celebracións máis ancestrais, protagonistas no Luns de Entroido

As celebracións máis ancestrais, protagonistas no Luns de Entroido

Laza celebrou o seu Luns Borralleiro, coas formigas e a baixada da Morena

Acompañado dos seus servos, o Oso de Salcedo tisnou as caras dos asistentes á festa

O Oso de Salcedo disponse a tisnarlle a cara a un asistente a este rito ancestral
G24.gal 03/03/2025 20:18

Luns Borraleiro en Laza con algúns dos ritos máis ancestrais do Entroido galego: a farrapada con lama e formigas e a baixada da Morena. Nin os oriúndos son capaces de explicar o sentimento deste Entroido.

"É o que levamos vivindo desde pequenos e unha maneira de botar fóra todo o que levas acumulado de todo o ano.
Laza multiplica a súa poboación en días coma este, centos e centos de persoas atraídas polo Entroido máis ancestral de Galicia, aínda que haxa que sufrir fomigas rabiosas".


"As formigas, eso é o que menos nos gusta porque pican moito! As formigas molan pero se che entran proba, pican".

A baixada da morena e a vaca remata o Luns Borralleiro, que comezou xa de mañá na praza da Picota con farrapada e moita lama xunto á xitanada dos burros, ritos do triángulo máxico que moitos combinan cos doutras vilas próximas.

"Non é como noutros lados que fan moito espectáculo, esto é máis enxebre, máis de monte", explican os asistentes.
 

A maior parte regresa ano tras ano. Outros debutan

"As formigas e a vaca e todo eso, é a primeira vez e a experiencia moi ben, moita xente", contan.

Sexa como sexa, cómpre escoitar os que saben disto e seguir os seus consellos.

Temos aquí Os festicultores que veñen facer festa e bailaremos ata que o corpo aguante.
Sen perder de vista nunca que xa está aí o martes de Entroido.

As formigas de Laza As formigas de Laza

Oímbra festexa o luns de adegas, unha tradición que combina a alegría do entroido co sabor dos viños de Monterrei. 
Nela, os veciños abren as portas das súas adegas, garaxes e baixos para recibir aos visitantes e compartir con eles o viño da casa. Equipados cunhas cuncas conmemorativas que a comisión de festas vende a 5 euros, os participantes non deixaron pasar a oportunidade de degustar os produtos típicos da zona, como carne de porco e doces.  

A festa non trata só de comer e beber, senón tamén de brindar xuntos pola saúde do entroido.

O osiño foi o primeiro en espertar do seu letargo para pasear polas rúas de Salcedo, na Pobra do Brollón. Na compaña dos seus servos, tisnou as caras da rapazada que acudiu a esta singular festa de Entroido.

A continuación, foi a quenda do exemplar máis grande, que baixou dos montes para cumprir co rito ancestral consistente en enzoufar as facianas dos maiores. Fíxoo cun nutrido grupo de axudantes, que se ocuparon de que ninguén marchase sen a marca das gadoupas do oso.

Marisa de Fente, asociación de veciños de Salcedo: "Revitalízase en canto ao número de visitantes. É unha figura que nunca estivo en perigo. Nunca se perdeu, porque sempre estivo moi ligada ao pobo".

O Oso de Salcedo, que se cre que se remonta a tempos inmemoriais, entronca con outros similares dos Pireneos ou do centro e leste de Europa.

O papagaio Ravachol

E este luns desvelouse un dos segredos mellor gardados do Entroido de Pontevedra: o disfrace do papagaio Ravachol, a figura máis emblemática da cidade. Este ano réndelle homenaxe á sétima arte vestido de director de cine. A praza da Peregrina estaba ateigada de xente, nun acto que recrea o ambiente da botica onde viviu o famoso papagaio Ravachol a comezos do século XX. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade