Publicador de contidos
Publicador de contidos

Actívase de novo o aviso amarelo por friaxe no sur da provincia de Ourense

Actívase de novo o aviso amarelo por friaxe no sur da provincia de Ourense

Na madrugada do domingo Verín rexistrou oito graos baixo cero

G24.gal 23/01/2022 20:48

Ao mediodía os 15 graos de Verín animaban ao terraceo, pero que esta imaxe non nos leve ao engano. A temperatura máis baixa de toda Galicia rexistrárona os termómetros de aquí durante a madrugada: oito graos baixo cero.

As xeadas foron especialmente duras no sur da provincia de Ourense, pero deixáronse sentir por toda Galicia, tamén en zonas do litoral.  En moitos puntos do país, sobre todo no interior, os termómetros volveron deixar cifras negativas.

En Sarria, as temperaturas baixaron ata os menos sete graos. Friaxe intensa que baleira as rúas en canto o sol perde forza.

No interior da provincia da Coruña podemos destacar os cinco graos baixo cero de Ordes ou os menos catro de Arzúa e de Oroso. A primeira hora da mañá había que abrigarse ben para camiñar á beira do río Tambre, en Sigüeiro.

O frío e as xeadas seguirán connosco. Contra a medianoite activarase un aviso amarelo no sur da provincia de Ourense por temperaturas inferiores a menos catro graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar