Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activada a alerta laranxa na costa, con ondas de 6 metros e vento de 110 km/h

Activada a alerta laranxa na costa, con ondas de 6 metros e vento de 110 km/h

As precipitacións deixan 60 litros de auga acumulada na localidade coruñesa de Lousame

directo
G24.gal 24/02/2025 11:58 Última actualización 24/02/2025 14:26

Os refachos de vento superaron os 110 quilómetros por hora no norte de Galicia na madrugada deste luns, mentres que as precipitacións xa acumularon case 60 litros por metro cadrado no municipio de Lousame (A Coruña).

Para a xornada deste luns, o paso dunha fronte motivou que a Xunta activara a alerta laranxa en todo o litoral costeiro por ondas que poden alcanzar os seis metros. Ademais, varias zonas da provincia da Coruña están en aviso amarelo por choivas localmente fortes e o vento é forte de compoñente sur-suroeste no litoral e moderado no resto, cambiando a noroeste co paso da fronte.

Na madrugada deste luns, os medidores de Punta Candieira, en Cedeira (A Coruña) alcanzaron os 112,4 quilómetros por hora, mentres que en Penedo do Galo, en Lugo, chegaron aos 110,6 quilómetros por hora.

En canto ás precipitacións, ás 11:15 horas deste luns, xa se rozaban os 50 litros acumulados por metro cadrado no municipio coruñés de Lousame. Ademais, na estación de Santa Comba alcanzáronse 39 litros.

As temperaturas mínimas marcáronse en zonas do interior de Ourense, con catro graos en localidades como Verín e Calvos de Randín. Os valores máximos sitúanse arredor dos 16 graos en Ribadeo (Lugo).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade