Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quedan limitadas as visitas a praia das Catedrais

Quedan limitadas as visitas a praia das Catedrais

Ata o 31 de agosto estará vixente o plan de protección do enclave, ao que só poderán acceder 4.812 persoas cada día

Félix Aragunde 01/07/2022 14:17

Conforme baixa a marea, vanse achegando os visitantes ás Catedrais, en Ribadeo. Pero, ao contrario ca nas xornadas anteriores, hoxe hai novidades.

Ao activarse o plan de protección deste conxunto, contrólase o acceso aos areais, de maneira que entren cada día un máximo de 4.812 persoas ávidas de contemplar esta formación natural única.

O conxunto das Catedrais foi declarado Monumento Natural en 2005, mentres que o seu plan de protección entrou en vigor dez anos despois. A súa finalidade é preservar as formacións rocosas destes areais, ademais de previr accidentes por desprendementos ou caídas.

Su Marful, control de acceso ás Catedrais: "Contrólase dende tres horas antes da baixamar ata tres horas despois. Informámoslles que teñan coidado de non acercarse aos cantís, porque hai desprendementos, e de non adentrarse nas grutas, porque tamén é perigoso". 

Os pases para visitar o monumento son de balde e pódense obter en liña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar