Publicador de contidos
Publicador de contidos

Activistas ambientais péganse ao chan nunha pista do aeroporto de Baraxas

Activistas ambientais péganse ao chan nunha pista do aeroporto de Baraxas

Neste momento, segundo AENA, xa están todas as pistas operativas e os activistas foron detidos

Imaxe que as activistas Futuro Vexetal difundiron polas redes Imaxe que as activistas Futuro Vexetal difundiron polas redes
G24.gal 21/07/2023 09:33 Última actualización 21/07/2023 13:20

A Garda Civil  detivo os tres activistas, dúas mulleres e un home, que provocaron a primeira hora da mañá deste venres o peche temporal dunha das pistas do aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Baraxas ao pegar as súas mans ao pavimento para protestar contra as políticas climáticas dos principais partidos do país.

Os tres arrestados atópanse nas dependencias da Garda Civil do aeroporto e atribúenselles os delitos de desordes públicas, danos -ao romper un valo perimetral- e contra a seguridade aérea, informou a Comandancia de Madrid.

Os detidos son as dúas activistas que pegaron as súas mans ao chan da pista 32R e un home encargado de gravar a acción.

Pese ao peche temporal (dunhas tres horas) da citada pista, a actividade do tráfico aéreo no aeroporto non se detivo, xa que os voos foron desviados a outras.

A acción de Futuro Vexetal comezou ás seis da mañá, cando os tres activistas accederon á zona de pistas rompendo un valo perimetral e dous deles pegáronse ao pavimento da zona anterior á cabeceira da 32R.

Nese momento foron detectados por un traballador de Aena, que avisou a torre de control de forma inmediata, e desde alí alertouse a Garda Civil.

Futuro Vexetal, organización á que pertencen os activistas, publicou unha mensaxe nas redes sociais, onde se ve a dúas mulleres novas sentadas na pista cun cartel estendido no chan que dicía "O pobo unido funciona sen partidos", e co que instaban a loitar contra a crise climática á marxe dos partidos políticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade