O incendio de Lobeira xa leva queimadas unhas 410 hectáreas
O incendio de Lobeira xa leva queimadas unhas 410 hectáreas
O incendio de Lobeira afecta o parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés
O incendio de Moaña queimou 23 hectáreas de monte arborizado
Na noite deste mércores, ás 21:15 horas, comezou un incendio no concello ourensán de Lobeira, na parroquia de San Xes de Vilariño, que xa leva queimadas 410 hectáreas, segundo informa a conta de Twitter da Xunta @incendios085.
Este lume afecta ao parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés, que limita con Portugal.
Primeras imágenes del incendio de Lobeira, Xurés #IFSanXesLobeira a la llegada de #Brif Laza. pic.twitter.com/f9wj8YeDWx
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) August 25, 2022
Otra perspectiva del aspecto que presenta el incendio de Lobeira, Xurés #IFSanXesLobeira visto desde uno de los helicópteros de #Brif Laza. pic.twitter.com/eIP2ufiPHA
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) August 25, 2022
Segundo informa na súa conta de Twitter @BriftLaza participan na extinción do lume de Lobeira con 18 bombeiros e dous helicópteros.
Extinguido o incendio de Moaña
Na provincia de Pontevedra quedou extinguido o incendio forestal de Moaña este xoves, mentres se iniciou un novo incendio en Lobeira (Ourense), segunda informa a Consellería do Medio Rural.
O lume de Moaña, que se iniciara o luns na parroquia de Meira, está extinguido desde as 8:46 horas desta mañá tras queimar 23 hectáreas de monte arborizado.
A proximidade das lapas ás vivendas obrigou a desaloxar algúns núcleos tras activar o propio luns a situación de risco para a poboación.