Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reactívase un incendio forestal en San Cristovo de Cea, que calcina 30 hectáreas

Reactívase un incendio forestal en San Cristovo de Cea, que calcina 30 hectáreas

Trátase dunha reprodución do lume que se dera a semana pasada nese mesmo lugar

O lume quedou estabilizado contra as once da noite

Bombeiro traballando na extinción do incendio
G24.gal 27/08/2024 19:09 Última actualización 28/08/2024 10:40

A Consellería do Medio Rural deu por estabilizado o incendio forestal rexistrado onte martes no concello ourensán de San Cristovo de Cea, na parroquia de Oseira, tras queimar máis de 30 hectáreas.

Trátase da reprodución do incendio rexistrado en Cea a semana pasada nesa mesma localización.

Para o control deste incendio mobilizáronse tres técnicos, catorce axentes, 18 brigadas, 14 motobombas, dúas pas, en canto a medios terrestres, e sete avións e oito helicópteros.

Entre as brigadas desprazadas, atópanse dous equipos de bombeiros de Estonia, que están aloxados en Galicia, no marco do Mecanismo Europeo de Protección Civil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade