Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estabilizan o incendio da Mezquita que suma xa 90 hectáreas calcinadas

Estabilizan o incendio da Mezquita que suma xa 90 hectáreas calcinadas

Traballan no control do lume tres axentes, trece brigadas, oito motobombas e dúas pas

G24.gal 30/08/2023 09:57 Última actualización 30/08/2023 12:01

A Consellería do Medio Rural deu por estabilizado o incendio forestal que afecta desde a noite do martes o municipio ourensán da Mezquita.

As últimas estimacións ofrecidas pola Xunta a través da conta @incendios085 da rede social X cifran en 90 as hectáreas afectadas polo lume, iniciado ás 22:00 horas na parroquia de Santigoso.

As primeiras medicións cifran en 70 as hectáreas afectadas polo lume, en cuxo control traballaron tres axentes, 13 brigadas, oito motobombas e dúas pas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade