Publicador de contidos
Publicador de contidos

Actores xubilados escenifican a vida nunha residencia de maiores

Actores xubilados escenifican a vida nunha residencia de maiores

Saíndo do cerco é unha comedia optimista sobre a vellez 

Estreouse no centro da Cruz Vermella de Castro de Rei

 

G24.gal 17/11/2022 20:17 Última actualización 17/11/2022 20:37

Vivir nunha residencia de maiores pode ser unha experiencia altamente positiva, se se aproveita o bo que poden ofrecer eses centros, especialmente en canto ao trato humano. É a mensaxe que traslada Saíndo do cerco, unha peza teatral interpretada por xubilados e posta en escena polo grupo Teatro do Miolo.

A obra creouse logo de plasmar as experiencias do autor coas residencias de maiores. Por iso, para os actores non foi difícil poñérense na pel das persoas usuarias das residencias e utilizar a súa linguaxe directa e familiar. 

Os actores cren que a obra tamén pode concienciar do importante que pode ser participar nunha obra teatral, en calquera parte do seu proceso, para os residentes. Un xeito de desfrutar e integrarse.

Saíndo do Cerco, que está adaptada tamén para persoas xordas, quere reivindicar con humor o papel do persoal que traballa nas residencias e que ten que afrontar diariamente situacións de tensión e mesmo dor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade