Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adam Michnik, premio Princesa de Asturias de Comunicación

Adam Michnik, premio Princesa de Asturias de Comunicación

O xornalista e historiador é un dos referentes da loita pola democracia en Polonia

Antón Montero 11/05/2022 20:26 Última actualización 11/05/2022 21:13

O xornalista, escritor e historiador polaco Adam Michnik é o novo Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades.

O xurado recoñece o seu compromiso co xornalismo de calidade e a súa influencia na recuperación e na defensa da democracia en Polonia.

Michnik foi unha das voces máis destacadas da oposición ao réxime comunista polaco durante os anos 80 e un dos principais impulsores da reconciliación nacional tras a caída do muro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade