Cargando resultados...
Adegas centenarias para os viños de Vilachá de Salvadur
Adegas centenarias para os viños de Vilachá de Salvadur
Sete adegueiros e unha ducia de colleiteiros participan nesta feira, na Pobra do Brollón
A chuvia desluciu a xornada, que contou coa presencia da voceira parlamentaria do BNG
G24.gal
05/05/2024 15:03
A chuvia non alterou os plans da feira do viño de Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón, que destaca por se celebrar en adegas centenarias.
Na festa participan sete adegas que teñen os viñedos na parroquia e unha ducia de colleiteiros.
Hai 31 anos que se organiza esta feira, co gallo de promover o lugar e o viño.
A portavoz parlamentaria do BNG visitou a feira e enxalzou o traballo dos viticultores.