Adiada a chegada a Galicia das 470 persoas migrantes procedentes das Canarias
Adiada a chegada a Galicia das 470 persoas migrantes procedentes das Canarias
Está prevista a súa chegada para a semana vindeira, segundo informou a Delegación do Goberno en Galicia
Mantéñense os lugares de destino: Santiago, Becerreá, Ourense, Monforte e Allariz
A chegada a Galicia das 470 persoas migrantes procedentes das Canarias que, na súa maioría, foxen da guerra en Mali e contan con solicitude de asilo, prevista para esta semana foi aprazada ata a próxima.
Segundo informaron fontes da Delegación do Goberno, aínda que a previsión é que estas persoas empezasen a chegar a Galicia este xoves, día 25 de xullo, posponse para a próxima semana.
Con todo, mantéñense as localidades ás que irán. A previsión é que se dirixan a Santiago, a Becerreá (Lugo), Ourense, Monforte (Lugo) e a Allariz (Ourense). Ademais, o primeiro grupo de persoas chegará, previsiblemente, a próxima semana ao Monte do Gozo, en Santiago de Compostela.
O delegado do Goberno, Pedro Blanco, informou desta modificación ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e á alcaldesa de Santaigo, Goretti Sanmartín, desta modificación, dentro do que a Delegación do Goberno enmarca nunha "comunicación fluída e leal" entre as diferentes administracións.