Adif formaliza o contrato para construír a estación de tren na intermodal de Lugo
Adif formaliza o contrato para construír a estación de tren na intermodal de Lugo
A obra tería un custo de case 19 millóns de euros
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma), a través de Adif, formaliza o contrato para comezar as obras de construción da nova estación de tren de Lugo, dentro da futura intermodal da cidade.
O proxecto inclúe un novo edificio de viaxeiros, un novo paso urbano peonil, a adecuación das dársenas, a construción de marquesiñas, a urbanización da contorna da estación, a demolición do edificio de Correos e a execución dun paso inferior entre as plataformas de acceso aos trens e autobuses.
A obra tería un importe de 18.844.216. Este plan establece que o Mitma, a través de Adif, financiará: a totalidade do investimento destinado ao novo edificio de viaxeiros da estación de ferrocarril, o 60 % do paso urbano peonil, a urbanización da contorna inmediata, a remodelación dos viaxes e accesos rodados e o 62,5% do aparcadoiro subterráneo que estará baixo a estación de autobuses.
Pola súa parte, a Xunta de Galicia asume o 100 % da nova estación de autobuses e o 37,5 % restante do aparcadoiro.
O Concello de Lugo contribuirá financiando o 40 % das actuacións sobre a trama urbana no contorno da intermodal.
Construtora San José será a empresa encargada de facer realidade o proxecto, que poderá ser cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2021-2027.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xa confirmaba o pasado 27 de novembro as claves do proxecto da nova estación de autobuses.