O Adif elimina 150 prazas de aparcadoiro polo inicio das obras da intermodal de Lugo
O Adif elimina 150 prazas de aparcadoiro polo inicio das obras da intermodal de Lugo
O problema é que as obras comezaron sen que o Concello tivese xa habilitado un espazo alternativo para o estacionamento de vehículos
O acondicionamento dos terreos do Adif que van acoller a nova estación intermodal está a condicionar a circulación por esta zona do centro de Lugo. Aparcar é agora moito máis complicado, xa que se suprimiron 150 prazas.
O problema é que as obras comezaron sen que o Concello tivese xa habilitado un espazo alternativo para o estacionamento de vehículos. Os veciños agardan que a nova intermodal revalorice unha zona que vén estando moi abandonada.
Se se cumpren os prazos, a nova intermodal, cun investimento superior aos 22 millóns de euros, debería estar rematada no verán do vindeiro ano. O seguinte trámite administrativo será a adxudicación das obras da terminal de autobuses, un proxecto que lle corresponde á Xunta de Galicia.