A xustiza suspende cautelarmente a norma que veta a caza do lobo
A xustiza suspende cautelarmente a norma que veta a caza do lobo
A Audiencia Nacional admitiu a trámite os recursos que presentaron a Xunta de Galicia e a de Castela e León
A Audiencia Nacional suspende cautelarmente a norma que veta a caza do lobo tras admitir a trámite o recurso do Goberno galego contra o veto á caza do lobo, segundo confirmou este martes a Consellería de Medio Ambiente.
A xustiza admitiu tamén o recurso contencioso administrativo da Xunta de Castela e León contra a orde ministerial do 20 de setembro que prohibe a caza desta especie. Esta orde queda agora en suspenso mentres se tramitan os recursos.
O departamento de Ángeles Vázquez considera que esta norma do Ministerio para a Transición Ecolóxica deixa nunha situación moi delicada o sector gandeiro, porque o Estado non prevé un incremento de recursos económicos nin humanos.
Canda estas dúas comunidades do norte peninsular, tamén Cantabria e Asturias recorreran esta prohibición.