Adquirir competencias emocionais mellora o benestar das persoas maiores
Adquirir competencias emocionais mellora o benestar das persoas maiores
Proxecto de Afundación e o instituto xerontolóxico Matia
O 89 % dos participantes melloraron o seu benestar
Non hai idade para adquirir competencias emocionais, e iso sábeno ben os parcipantes dun proxecto da Obra Social de Abanca e o instituto xerontolóxico Matía centrado nas emocións.
"Acertei, porque aprendín moitas cousas, o tema emocional para min era un campo descoñecido", sinala Carlos Soria, participante no programa.
Participaron no estudo 71 persoas de toda Galicia, e os resultados son claros.
"Producíronse mellorías no 89 % das persoas en todas as dimensións que consideramos importantes: conciencia emocional, comprensión emocional e regulación emocional", sinala Sara Marsilla, investigadora en Matia Instituto.
No proceso de envellecemento a esfera emocional é un dos principais recursos para unha boa vida.
"Hai moitas cousas que non sabía que eran emocións como por exemplo a ira", María Jesús Constenla, participante no programa.
No traballo de aprendizaxe non faltaron ferramentas como a asertividade ou os autocoidados e deron resultados extraordinarios.
"Fixéronme moitísimo ben. Eu síntome máis forte, a miña autoestima subiu", sinala Malores Álvarez, participante no programa.
Ante o éxito do programa non faltará continuidade.
"Emocións máis complexas e aspectos relacionados cos conflitos relacionais e este programa implementarase no 2024", Sabela Couceiro, coordinadora da Área de Maiores de Afundación.
Novos módulos e novos temas, como a xestión do dó, instrumentos útiles para o benestar psicolóxico de todos.