Cargando resultados...
O galego Adrián Ben, campión de Europa dos 800 metros
O galego Adrián Ben, campión de Europa dos 800 metros
O de Viveiro gaña cun tempo de 1:47:34, tres milésimas menos ca o francés Benjamin Robert
G24.gal
05/03/2023 18:34
Adrián Ben proclamouse campión de Europa dos 800 metros en Istambul. Gañou nunha final de infarto cunha remonta espectacular diante do francés Benjamin Robert.
Ben saíu á cola do grupo, pero foi recuperando posicións para acabar superando a todos os seus rivais cun tempo de 1:47:34.
Esta é a primeira medalla internacional para Ben, que foi finalista olímpico en Toquio 2020 e mundial en Doha 2019, competicións en que quedou entre os seis mellores do mundo.