Aeroliñas pagan alugueiro de coches a pasaxeiros que sofren atrasos
Aeroliñas pagan alugueiro de coches a pasaxeiros que sofren atrasos
A xustiza obriga a pagar os danos reais polos medios alternativos que necesite a persoa viaxeira
Varios xulgados de Barcelona ditaron sentenzas que cambian o concepto das reparacións establecidas por atrasos ou cancelacións de voos.
A novidade, segundo explica o avogado Antonio Heredero, está en que se as indemnizacións taxadas non cobren o dano real deben de incrementarse. A última sentenza dálle a razón a un pasaxeiro que pola cancelación dun voo en Vigo tivo que chegar a Boloña por estrada.
Neste caso, segundo Antonio Heredero de Balms Avogados, demostrouse que o afectado tivo que custear outro tipo de transporte para chegar ao seu destino.
Pola normativa vixente corresponderíanlle 400 euros; porén, os gastos reais superaron os 1.500 euros e por iso a xustiza obriga a aeroliña a pagalo.
Heredero lembra aos pasaxeiros a importancia de gardar sempre os billetes e facturas para poder xustificar os gastos reais ocasionados.
Os expertos aconsellan facelo da man de xuristas ou de organizacións de consumidores.