Publicador de contidos
Publicador de contidos

Día de moita actividade en Peinador ao asumir os voos de Sá Carneiro

Día de moita actividade en Peinador ao asumir os voos de Sá Carneiro

O aeroporto de Vigo recibe parte do tránsito aéreo do Porto polas reformas na terminal lusa

Aeroporto de Peinador este martes 10 de setembro
G24.gal 10/09/2024 15:56 Última actualización 10/09/2024 17:06

Este martes é un día de moita actividade no aeroporto vigués, xa que Peinador asume parte do tránsito aéreo que chegaría ao aeroporto do Porto.

O aeroporto de Sá Carneiro permanece pechado ata ás 6:00 horas da madrugada deste mércores por obras na pista principal. Este peche temporal afecta a uns 50.000 pasaxeiros en total.

Por ese motivo ata 20 voos con destino O Porto foron desviados a Vigo, onde se percibe unha afluencia moito maior de pasaxeiros e maletas do habitual.

Desviáronse á Cidade Olívica voos procedentes do Senegal, Cabo Verde, Almería, Murcia, Mallorca, Venecia e mesmo Londres. Peinador engade estes voos de maneira coordinada cos xa fixos na súa grella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade